Novas
RUTA DE VISANTOÑA DENTRO DO GOZA DO ULLA 2017.
- Categoría: Novas
- Last Updated: 12 Xuño 2017
Este sábado tivo lugar a andaina polo Roteiro de Visantoña dentro do Programa de Goza do Ulla. Moitas grazas a tódalas persoas que se achegaron para camiñar xuntas pola nosa xeografía e a GADIS pola súa colaboración.
BASES CONVOCATORIA SOCORRISTA PARA O CONCELLO DE SANTISO.
- Categoría: Novas
- Last Updated: 08 Xuño 2017
Adxunto no enlace pódense ver as Bases da Convocatoria dunha praza de Socorrista para o Concello de Santiso, dentro do Plan Fomento de Emprego da Xunta 2017.
CAMPAMENTO DEPORTIVO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2017.
- Categoría: Novas
- Last Updated: 06 Xuño 2017
Aberto o prazo para inscribirse no sorteo das dúas prazas que ten o Concello de Santiso para Campamento Deportivo de verán da Deputación da Coruña. Dende hoxe até o día 15 de Xuño podedes dar rexistro no Concello do tríptico que se adxunta enlazado. A selección dos nen@s farase mediante sorteo das inscripción rexistradas. Máis información no cartel, no Concello ou no número: 981.80.85.01.
CONVOCATORIA SELECCIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL: TÉCNICO DE TURISMO 2017.
- Categoría: Novas
- Last Updated: 05 Xuño 2017
POSTO: 1 técnico de turismo
xornada: 25 horas semanais.
DURACIÓN: determinada de 6 meses (inicialmente do 21-6 a 20-12-2017).
SALARIO (bruto, incluídos todos os conceptos como prorrateo de pagas extras, etc.): 909,14 €/mes
PROCESO SELECTIVO: concurso-oposición, de acordo coas bases aprobadas por resolución da Alcaldía do 2-6-2017, estando a disposición do público nas dependencias municipais (teléf. 981 - 818 501)..
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 10 días naturais (dende o 6 ao 15 de xuño de 2017), en horario de atención ao público de 9 a 3.
RECURSOS: contra as bases poderán interpoñerse o recurso de reposición (1 mes) e o contencioso-administrativo (2 meses).
ANDAINA POLO ROTEIRO DE VISANTOÑA NO GOZA DO ULLA.
- Categoría: Novas
- Last Updated: 05 Xuño 2017
Este sábado, ás 10 da mañá, dará comezo unha andaina polo roteiro de Visantoña enmarcado no programa "Goza do Ulla". Esta andaina comeza e remata no Pazo de Vilar de Ferreiros.
Máis información no link: http://senderismo.santiso.org/
E coa colaboración de GADIS:
Cultura
-
Jul 11 , 2014
Deporte
-
Jun 22 , 2014