telefono

Deporte

ESCOLAS DEPORTIVAS:

XIMNASIA DE MANTEMENTO 3º IDADE.

Impartense no   pavillón de Arcediago e Visantoña, e nos locais sociais de San Román e Beigondo.

En Arcediago los luns e xoves as 9:45 horas.

En Visantoña os luns e xoves as 11:00  horas.

En San Román os martes e venres as 10:00 horas.

E en Beigondo os martes e venres as 11:30 horas.

As actividades  realizadas son de baixa intensidade nas que se busca gozar do movemento a través da práctica de deportes adaptados para lograr un equilibrio corporal e mellorar a saúde e calidade de vida dos practicantes.

PATÍN EN ARCEDIAGO.

Esta actividade  realizase no  pavillón de Arcediago, para nenos e nenas de infantil e primaria, os martes de 15:30 a 16:30.Nelas os nenos desenrolan principalmente o equilibrio dinámico, utilizando o xogo como recurso para a aprendizaxe deste deporte.

PREDEPORTE EN ARCEDIAGO.

Esta actividad realizase no pavillón de Arcediago ,para nenos e nenas de infantil e primaria, os martes de 16:30 a 17:30 horas. En donde os nenos e nenas aprenden a coñocer o seu propio corpo en relación con o entorno, con móviles e obxetos a través del xogo.

PATÍN EN VISANTOÑA.

Esta actividade realizase no pavillón de Visantoña para os nenos e nenas de  Visantoña , os xoves de 16:00 a 17:00 horas. Nela os nenos e nenas desenrolan principalmente o equilibrio dinámico utilizando o xogo como recurso para o aprendizaxe deste deporte.

EVENTOS PUNTUAIS:

GALA DE PATÍN DE TOQUES.

Actividade organizada polo Deporte Escolar na que participan nenos e nenas de 3 a 14 años e cuxo obxetivo é pasar unha xornada de convivencia na que se premia a participación. As probas  a realizar son unhos circuitos  que se fan diferentes tipos de desprazamentos e figuras, e por outro lado representan unhas coreografías.

TORNEO 3X3 DE BALONCESTO EN SANTISO.

Torneo organizado polo Deporte Escolar, no que participan nenos e nenas  dos Concellos do entorno de Santiso , e de idades comprendidas entre os 7 anos e 12 anos, no  que se prima a participación e a convivencia,  nunha xornada lúdico deportiva con premios para tódolos nenos e nenas.

XUNTANZAS DEPORTIVAS INTERXENERACIONAIS.

Actividade organizada polo Concello, como festa de finalización da tempada das escolas deportivas, na que participan os integrantes das escolas deportivas e  nenos e nenas escolarizados nos C.E.I.P  de Arcediago e Visantoña. Nestas xuntanzas practicarán diferentes, habilidades deportivas e xogos populares e tradicionais, nas que os maiores convivirán con os mais pequenos compartindo experiencias de aprendizaxe motor, antigas e outras mais actuais.

Cultura