telefono

Benestar Social e Iguadade

Servizos sociais:

Os servizos socias, son unhos servizos fundamentais para o benestar social. Ocupanse da autonomía funcional e a integración relacional, é decir,  dedicanse a previr, paliar e correxir desaxustes entre os que as persoas son capaces de facer autónomamente na vida cotidiá, e as redes familiares ou comunitarias as que pertencen e que lles dan apoio.

As oficinas están situadas na planta baixa da casa consistorial, despois de pasar a recepción.

O horario de atención ao público, na casa consitorial:

Luns e xoves de 11:00 a 14:00 horas.

Martes, mércores e venres de 9:00 a 14:00 horas.

O horario de atención ao público, en Visantoña:

Luns e xoves de 9:00 a 11:00 horas.

Programas e servizos sociais comunitarios básicos:

Os servizos sociais comunitarios básicos desenrolarán as súas funcións, de maneira estructurada, por medio dos programas e servizos siguintes:

Programa de valoración, orientación e información en materia social.

Destinado a persoas, grupos o comunidade en xeral, que se desenrolará en tódalas entidades locais titulares de servizos sociais comunitarios de Galicia.

Servicio de axuda no fogar:

Que ten por obxeto prestar un conxunto de atencións as persoas ou familias no seu domicilio, dende unha perspectiva integral y normalizadora, para facilitar o seu desenrolo persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente en situacións nas cales teñan limitada a  sua autonomía ou en outras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo.

Servicio de educación e apoio familiar.

Que integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos as familias, con o obxetivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou cualqueira outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezcan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, de  integración e de  participación social das familias e unidades de convivencia.

Programa básico de inserción social:

Que procure valorar, dar resposta ou derivar o recurso idóneo as persoas en situacións de risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social persoalizados ou de grupo, como prestacións económicas específicas. Incluyense nesta categoría os proxectos expresamente dirixidos ao desenrolo, promoción e integración da comunidade xitana e outras minorías étnicas.

Programa de fomento da cooperación e solidaridade social:

Que facilita a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulse o asociacionismo solidario e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado social.

Na formulación e desenrolo dos programas básicos de actuación, os servizos sociais comunitarios incorporan a perspectiva de anticipación e prevención, tanto individual como familiar ou comunitaria, das situacións causantes da exclusión social, a  dependencia e a desprotección.

Cultura