telefono

Cómo chegar

A estrada nacional máis próxima é a N-547, que vai dende Santiago a Lugo; para achegarnos a Santiso hai que desviarse en Melide, a 55 quilómetros de Santiago e 52 quilómetros de Lugo.

Dende A Coruña a estrada C-540 en dirección Agolada, que atravesa o Concello no seu extremo oriental, pasando polas parroquias deSerantes e Niñodeaguía, pasando á Provincia de Pontevedra pola ponte de Arcediago, sobre o río Ulla. A casa consistorial está situada na Parroquia de Arcediago.

Hai outras dúas estradas que atravesan o municipio, unha é a estrada que cruza de Arzúa a Arcediago, pasando por Belmil, dende a cal se pode chegar a Vila de Cruces, cruzando por un estreito ponte pola cola do encoro de Portodemouros.

A outra sae de Melide (Santa María) e, despois de cruzarse coa anterior en Visantoña, chega ata Beigondo, parroquia que quedou case illada nunha península formada polo devandito encoro, construído en 1967.

Dato curioso é que por este extremo, e dende a construción do Encoro de Portodemouros podemos acceder a Santiso en Barco; (A famosa Barca).

comoLlegar

 

 

 

 

 

Cultura