telefono
Turismo Rural en Santiso
Disfruta dunha ampla variedade de casas rurais cun encanto especial.
A Nosa Natureza...
Contactar coa natureza de Santiso farate sentir ben.
Que ver e que facer.
Fervenzas, ríos, regatos, bosques, camiños...
Ríos
Ríos navegables
Arquitectura
Monumentos civís e relixiosos

RUTA CABALAR DO PANTANO

O pasado 4 de abril de 2014 tivemos o honor de poder ver ou asistir a una Ruta cabalar no noso concello, o dia transcurriu moi rápido pero foi todo un éxito

 

A partir de media mañá empezaron a chegar os Cabaleiros e Amazonas cos seus cabalos o campo da festa de Visantoña. A ruta, composta duns 25km, tivo saída ás 15.30h dende o mesmo campo, pasando polo centro da vila e desviándose  no Teleclub para enganchar co Roteiro e ata Beigondo rodeando o Embalse. En Beigondo fixemos unha parada para repor forzas no campo da festa, donde dispoñiamos dunha cantina.

O percorrido avanzou baixando de novo ó Pantano, e pasando por fermosos lugares, A Barca A Devesa… ata chegar ó Pazo de Vilar de Ferreiros, lugar donde tivemos a nosa segunda parada, un espectacular entorno para casi despedir a camiñata.

Despois de descansar un bo anaco no Pazo, uns mais e outros menos, xa que a ruta cada un fixoa o seu ritmo sen ningún tipo de presa,  volvemos coller outros 5km de Roteiro ata chegar o punto de partida, sobre as 20.00h aproximadamente.

Os cabaleiros que dispoñian de carro ou camión para o transporte dos seus cabalos levaronos as suas casas, outros deixaronos na Casa Curros, ou no Campo e os de mais cerca foron andando ata a casa, para logo asistir a unha cea todolos participantes e compañeiros deste deporte.

A cea tivo lugar no pavellón de Visantoña, comemos polbo,churrascopatacas e pan a esgalla, viño, café e ata postre.  Tamen contamos con diversos agasallos para os participantes e música na mellor compañía.

Colaboradores: (sen esta axuda nada seria posible); Asociación de veciños de Beigondo, Pazo Vilar de Ferreiros, O Noso Lar Visantoña, así como diversas aportación de negocios easaciacions veciñais, e todos os que estaban a pé de ruta.

Sen cabalo non hai camiño, polo tanto nos sen a presencia destes cabaleiros non fariamos nada: O Bocelo O Bocelo, Cabaleiros de Melide, Cabaleiros Hoy-vas, O Estribo Arzua, Montadores De Folladela Xuntanza Cabalar de Toques, Cabaleiros Comarca Ardemil Ordes, Cabaleiros Do Tambre, Asociac Ecuestre Guitiriz, Cabaleiros de Boimorto e tamén, aos nosos compañeiros de Ribadulla, Boente e San Román. Por último, mencionar as asociacións Cabalar Costa da Morte, Osde Sempre A Cabalo e Xuntanza Cabalar os de mais lexos.


                                                         VISITADENOS NO 2015 !!!

                                    E DISFRUTA DAS FOTOS EN FACEBOOK “CABALEIROS DO PANTANO”

 

 

Cultura