telefono
Turismo Rural en Santiso
Disfruta dunha ampla variedade de casas rurais cun encanto especial.
A Nosa Natureza...
Contactar coa natureza de Santiso farate sentir ben.
Que ver e que facer.
Fervenzas, ríos, regatos, bosques, camiños...
Ríos
Ríos navegables
Arquitectura
Monumentos civís e relixiosos

Cambio de cubertas dos polideportivos municipais de Santiso

O Pleno provincial aprobou o pasado venres un convenio de colaboración co Concello de Santiso polo cal o goberno local recibirá 165.206,94 euros para renovar as cubertas dos seus polideportivos municipais en Visantoña.

En concreto, vaise substituír o tellado do recinto sito en Visantoña e no Agro do Chao que pasarán a ter chapa de aceiro, prelacada de cara ao exterior e galvanizada no interior. Tamén se colocarán placas de poliéster reforzado e translúcido, co obxecto de que proporcionen luz natural durante as horas do día.

A obra completarase coa reposición de baixantes e caleiros de pvc. O custe total do proxecto ascende a 171.205,56, dos que a Deputación da Coruña financiará o 80%.

Enlace da noticia ca páxina da Deputación da Coruña.
Pinchar abaixo.
 Enlace da nova da Diputación.

 

 

Cultura